Thursday 16 de May de 2024

O concello de Ribeira recibe á campiona galega de boxeo Clara Millares


O Concello de Ribeira recibiu hoxe á boxeadora Clara Millares, integrante do clube El Canario.
O pasado ano 2022, Clara Millares foi Campiona galega de Boxeo -60 kg, acadou o Bronze nos campionatos de españa Elite Feminino e Prata no Nacional de clubes na categoría -60kg, no 2023 volveu acadar o bronce no Campeonato de Clubes de menos de 60 kgs e campiona galega en menos de 63 kilos. Ademais, Clara entrena de xeito voluntario a un grupo de usuarios na disciplina de boxeo na Asociación Ambar.

Os membros do equipo de goberno parabenizaron á deportista polos éxitos acadados recentemente e por toda a súa traxectoria. O goberno local agasallounos cunha peza de cerámica galega e cun bono de cen euros para gastar en tendas deportivas do municipio.

O alcalde destacou a “constancia e perseverancia de Clara para seguir acadando recoñecementos nun deporte no ademáis, que a presencia feminina é minoritaria”. Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, reafirmou o compromiso do goberno co deporte de base e con tódalas entidades deportivas de Ribeira para a promoción do deporte na localidade.